Sensibilización social
Os transplantes de órganos salvan vidas, melloran a calidade de vida dos transplantados e permiten, no caso das persoas con IRC e tratamento de diálises, unha vida independente, ademais supoñen un aforro en costos sanitarios.
O transplante é a única actividade sanitaria que depende da decisión que tomemos como cidadáns. Pero non todos os galegos/as poden transplantarse Cerca de 400 receptores/as continúan en listas de espera, pero o máis dramático son os 30-40 receptores/as (11,5%) que cada ano falecen mentres esperan un órgano.
Dende esta realidade ALCER Coruña ten como outra das súas liñas de traballo fundamental, desenvolver e apoiar todo tipo de actuacións encamiñadas a facilitar información e propiciar dentro da sociedade a adquisición de actitudes positivas para a doazón de órganos e texidos
Mesas informativas

Campañas de sensibilización sobre a doazón desenroladas aproveitando o impulso mediático de días significativos relacionados co transplante, á enfermidade, e a doazón de órganos. Estas campañas desenvólvense mediante a colocación de mesas informativas en vías de gran afluencia de público nas principais cidades da nosa comunidade.
Nestas mesas, persoas transplantadas e con enfermidades crónicas de forma voluntaria falan cos cidadáns e difunden a importancia da doazón de órganos e texidos.
^ Voltar arriba
Evolución das estadisticas de doazóns na rúa




Evolución das estadísticas xérais de doazón

Difusión e divulgación
Está demostrado que o feito efectivo da doazón de órganos e texidos xurge dunha decisión xa meditada con anterioridade ó momento no que a familia ten que tomar unha decisión ante unha petición dos profesionais sanitarios. Esta é a razón por la cal é necesaria unha labor previa de concienciación e a consideración da doazón de órganos como un feito “normalizado”. Para elo ALCER ten entre os seus obxectivos a presencia na sociedade do concepto de doazón a través das diversas oportunidades e espacios que poidan xurdir, e con especial fincapé nas actuacións dirixidas a poboación escolar como axentes xeradores de actitudes positivas na unidade familiar
