¿Que é a I.R.C.

A insuficiencia renal crónica (IRC) é unha enfermidade que se caracteriza pola perda da funcionalidade do ril de xeito progresivo e irreversible, é dicir, os riles van deixando de funcionar lentamente ata que ao final, deixan de ser útiles para o organismo.

¿Porque enferman os riles?

Existen numerosas causas polas que poden enfermar os riles, pero é importante saber que a hipertensión arterial e a diabetes son, actualmente, as principais causas da insuficiencia renal crónica.

Tamén poden enfermar os riles debido a enfermidades hereditarias como a enfermidade renal poliquística, pola inflamación ou infección do propio ril, mal uso de fármacos, etc.

Lamentablemente cando aparece esta enfermidade non hai marcha atrás. Ata o momento non se dispón dunha cura para os riles, só tratamento. Neste momento, o tratamento da insuficiencia renal crónica (IRC) está moi avanzado, e as persoas afectadas poden gañar en calidade de vida se realizan adecuadamente o tratamento pautado polo nefrólogo.