Os nosos servizos

Traballadora de ALCER CoruñaDebido á multiplicidad de factores que interveñen nunha situación de enfermidade, cada vez son máis as persoas que buscan canles de apoio e respostas. A necesidade de contar con profesionais que sexan capaces de abordar as necesidades reais expostas fóra dos aspectos sanitarios, fai imprescindible o desenvolvemento, dentro da asociación, de servizos de apoio psicosocial e asesoramento profesional específico

Os servizos que oferta ALCER Coruña están abertos, tanto a persoas con enfermidade renal, como a toda persoa cunha enfermidade susceptible de transplante, trasplantados e familiares.

Como acceder aos servizos?
Mediante cita previa, chamando ao telefono: 981 29 87 59


Información e orientación social

Traballadora de ALCER CoruñaO servizo corre a cargo de tres traballadoras sociais que cobren as áreas sanitarias de Ferrol, Coruña, Santiago de Compostela, Barbanza e Cee.
Neste servizo  ofrécese ós usuarios información e acompañamento en materia de dereitos, recursos existentes e procedementos a seguir para cubrir necesidades sociais determinadas.

O servizo de información, orientación e asesoramento de ALCER Coruña cobre entre outras as seguintes demandas:

  • Certificados de Minusvalía
  • Vacacións e Turismo Social
  • Servizo de Axuda a Domicilio
  • Teleasistencia Domiciliaria
  • Reintegro gastos SERGAS: transporte e medicamento
  • Pensións da Seguridade Social
  • Axudas económicas (Xunta, Concello)
  • Bonificacións por Minusvalía.
  • IRPF
  • Familias Numerosas
  • Vehículos

O servizo de información e orientación con regularidade nos centros hospitalarios de :

  • Complexo Hospitalario Juan Canalejo (A Coruña)
  • Hotel de Pacientes do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (Sede de ALCER- A Coruña)
  • Instituto Policlínico Santa Teresa (A Coruña)
  • Instituto Médico Quirúrgico San Rafael (A Coruña)
  • Residencia Arquitecto Marcide (Ferrol)
  • Hospital General Juan Cardona (Ferrol)
  • Centro Hospitalario Universitario de Santiago (Santiago)
  • Clínica Médica La Rosaleda (Santiago)
  • Clínica Médica Souto Boo (Santiago).


^ Voltar arriba

Programa de exercicio físico

A importancia do exercicio en pacientes con enfermidade renal está sendo máis recoñecida cada día. Unha alta porcentaxe destes pacientes, especialmente os que teñen unha diabetes asociada, caen dentro dos grupos sanitarios para os cales o exercicio está especialmente recomendado.

Programa de exercicio físicoUn programa regular de actividade física é considerado, no enfermo renal crónico, parte do tratamento estándar da hipertensión, hiperlipidemia e control glucémico, así como da prevención primaria e secundaria da enfermidade arterial coronaria. Ademais de reducir o risco cardiovascular, o exercicio físico regular inflúe en forma positiva no problema do deterioro óseo, na debilidade muscular e na capacidade física global do enfermo renal crónico.

As dietas con restricción proteica demoran a progresión do fallo renal e reducen os síntomas da síndrome urémico, pero esta restricción asóciase a un deterioro do estado nutricional que supón unha perda de masa muscular, os exercicios de resistencia aumentan a retención nitroxenada mellorando a súa función con melloría na calidade de vida.
Programa de exercicio físico
O exercicio aumenta a capacidade física de traballo, mellora o perfil lipídico, mellora a sensibilidade á insulina e diminúe os requerimentos de medicación antihipertensiva nalgúns pacientes. Polo tanto o exercicio ten o potencial de reducir a prevalenza de varias das condicións que promoven a aterogénesis dos pacientes en etapas avanzadas da IRC, ademais hai unha significativa mellora no grado de anemia nos hemodializados que fan exercicios.

Pero non todo son efectos físicos, está demostrado que o exercicio físico actúa tamén na mellora do humor, a reducción nos niveis de depresión e proporciona un mellor funcionamento psicosocial, polo cal podería considerarse como un complemento terapéutico de carácter psicolóxico. O exercicio supón pois unha aproximación integral a unha mellor calidade de vida.

^ Voltar arriba

O proxecto de exercicio físico que desenvolveu ALCER Coruña en colaboración coa Universidade de Coruña INEF e o Policlínico Santa Teresa ó longo do 2006, podería considerarse unha experiencia piloto no sentido de que, malia dos  beneficiosos efectos comprobados (expostos con anterioridade) que o exercicio físico supón para este colectivo, non existe ningunha experiencia similar no noso país. Doutra banda esta experiencia coa metodoloxía desenvolvida podería ser transferible a outros colectivos do ámbito sociosanitario.

Outro dos aspectos novedosos do proxecto vén a través da inclusión nas súas actividades non só ás persoas con enfermidade crónica ou transplantadas senón aos familiares que o desexen, producindo un beneficio que impacta en toda a unidade familiar.

Obxectivo


Promover a práctica de actividades de desenvolvemento físico como elemento de complemento terapéutico e de desenvolvemento persoal e social para as persoas con insuficiencia renal crónica, transplantadas e familias.

Obxectivos específicos

  • Mellorar a condición física e funcional das persoas con insuficiencia renal crónica e transplantadas.
  • Proporcionar o coñecemento e as competencias necesarias para que as persoas con insuficiencia renal crónica e transplantadas comprendan os efectos beneficiosos da práctica regular de actividade física e poidan realizala con autonomía e seguridade e eficacia para a súa saúde
  • Promover a práctica regular de actividade física saudable, facilitando a adquisición de hábitos de vida máis activos que combatan o sedentarismo e os seus efectos perniciosos para a saúde
  • Diminuír a dependencia do sistema sanitario, ao producirse unha melloría física xeral
  • Propiciar o desenvolvemento persoal e social dos participantes como consecuencia do efecto terapéutico do exercicio físico
  • Proporcionar situacións de interacción familiar en situacións de benestar como elemento reconstructor dunha dinámica familiar normalizada
  • Diminuír o illamento social dos participantes

Servizo de axuda a domicilio

No mes de outubro iniciouse, apoiada pola Federación Nacional, un servizo de axuda a domicilio específico para persoas en hemodiálisis hospitalaria e en diálises peritoneal domiciliaria. Este servizo prestase de forma experimental  e finalizado o período de actuación realizarase unha valoración do impacto da actividade así como das posibilidades de continuación e extensión da axuda a un colectivo maior.

O servizo de axuda a domicilio en moitos casos inclúe, no soamente o apoio na realización de tarefas domésticas, senón a educación en hábitos hixiénicos (diálises peritoneal) , nutrición e o acompañamento fóra do fogar para situacións da vida cotidiá (trámites, médicos, etc.) e ocio, en concreto as actividades desenvolvidas polas auxiliares son:


  • Apoio nas tarefas domésticas. Recollida, comida, preparación roupa, medicación e cea.
  • Acompañamento: paseo e compra
  •  Control e toma de medicación.

^ Voltar arriba