Novas do 28 de Marzo de 2008
Club de lectura
A segunda sesión do club de lectura tivo lugar o 27 de Marzo simultáneamente na Coruña e Santiago. O grupo de A Coruña reuniuse esta vez na sala de Xuntas do Hotel de Pacientes e asistiron 7 persoas. A próxima sesión está fixada para o 10 de Abril onde comentaran e compartirán a lectura de "O lapís do carpinteiro" de Manuel Rivas. No caso de Santiago á segunda sesión acudiron 6 persoas.
A seguinte será o 17 de Abril e comezarase a lectura de "Un tranvía cara SP" de Unai Elorriaga.
Actividade 25 de Marzo
O pasado martes tivo lugar a reunión con Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, onde tratouse a posibilidade de contar cos máximos apoios por parte do seu equipo de cara as diferentes actividades de sensibilización na doazón de órganos e tecidos que dende anos ven realizando a nosa asociación e sobretodo, en datas claves coma o Día do ril ou o Día do donante. Á reunión asistiron Gema Gil (Xerente de Alcer) e Teresa Lueiro (Traballadora Social da zona de Coruña e Santiago.)
Federación Nacional Alcer
Os días 28 e 29 de marzo ten lugar a Asamblea de socios da Federación Nacional Alcer en Madrid. En representación de Alcer Coruña acude o noso presidente Rafael Rodríguez.
