Asesorías

Asesoría nutricional.

Cando aparece unha Insuficiencia Renal Crónica (IRC), a alimentación adquire un papel moi importante na calidade de vida do enfermo renal. A persoa que sofre de IRC debe saber que desde o momento do seu diagnóstico deberá cambiar a súa forma de alimentación e que en función do tratamento renal sustitutivo ao que acceda (xa sexa diálise peritoneal, hemodiálises ou transplante renal) o tratamento dietético será diferente. Pódese considerar que unha alimentación adecuada é, sempre, fonte de saúde e calidade de vida, pero isto adquire un especial significado para o enfermo de IRC

Este servizo consiste en que, dun modo personalizado e a través dunha cita coa nutricionista, valórase o estado nutricional das persoas que acoden ao servizo. A partir desa valoración, realízase un plan de apoio e seguimento con asesoramento nutricional completo e pautas educativas.

A asesoría nutricional se proporciana grazas a un servizo conveniado co USP Hospital Santa Teresa e coa participación de nutricionistas especializados en IRC.

Asesoría laboral.



Ser enfermo renal provoca cambios importantes na vida laboral das persoas: perda do posto de traballo, necesidade de cambio da actividade laboral ou imposibilidade de manter un posto de traballo en xornada completa. Para axudar a solucionar estas situacións, ALCER Coruña dispón dun servizo de Asesoría Socio-Laboral para informarte e orientarte ante esta problemática.

O servizo que se brinda consiste en que a través dun percorrido polos recursos persoais, intereses e posibilidades da persoa que acode ao servizo, realízase o deseño dun itinerario personalizado de inserción laboral que inclúe a supervisión das ferramentas de procura de emprego do participante (currículos, cartas de presentación, habilidades en entrevista, etc.).

Este servizo é atendido por un pedagogo especialista en Orientación Laboral.

Asesoría educativa.



Se estás estudando ou desexas continuar cos teus estudos, ou iniciando un traxecto formativo, informámoste e asesoramoste para conseguir os teus obxectivos.

Este servizo está atendido por un Pedagogo con ampla experiencia en orientación educativa.



Asesoría xurídica


Desde este servizo facilitamos:

  • Consulta e orientación sobre contratos laborais, despidos, salarios, nóminas, contratos temporais, etc.
  • Asesoramento e consulta sobre tramitación de expedientes administrativos da Seguridade Social (pensións, incapacidades, minusvalías, cotizacións, etc.)
  • Asesoramento e consulta en expedientes xurídicos da Seguridade Social.
  • Asesoramento e consulta de expedientes administrativos en materia de desemprego.

Esta prestación está atendida por un bufete de avogados quenes teñen conveniados os seus servizos con ALCER Coruña.