Benvida/o a ALCER Coruña

A Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril, ALCER Coruña, nace en 1976 co firme propósito de mellorar a calidade de vida do enfermo renal. Nas súas orixes loitaba porque todo paciente renal tivese acceso a un tratamento de diálise, o que era fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, ALCER Coruña, traballando conxuntamente coas entidades nacionais e coa Federación, convértese nun activo precursor da actual lei de transplantes, da cal cumpriuse recentemente o seu XXV Aniversario.

Hoxe en día, unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, ALCER Coruña e unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios co convencimento de que a atención as persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senon que é necesario o desenrolo de redes de apoio psicosocial con areas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e ou benestar social.

Baseándose nestos principios, ALCER Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con IRC, transplantadas e familias en particular e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, o traverso as seguintes actuacións marcadas nos seus estatutos:

  • A asistencia e información ós enfermos do ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitarios e sociais, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializado.
  • A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e texidos.
  • A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social das persoas con discapacidade xenerada por doencias crónicas susceptibles de transplante.
  • Traballadoras de ALCER CoruñaA promoción de servizos de atención á dependencia.
  • A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención socio sanitaria do colectivo.
  • O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades do ril nos seus aspectos médico, asistenciais e socioeconómicos, así como da prevención das mesmas.
  • A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posibles solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais, xurídicos.
  • A realización de actuacións encamiñadas ó fomento e participación do voluntariado.
  • O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, asistencia social e psicoloxica máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
  • A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde realícense actividades que leven a consecución dos fins da asociación.
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Asociación.

Para concretar este traballo desenvolvense duas liñas de actuación fundamentais:

  1. Implementación dun programa de servizos de calidade que permitan o desenvolvemento social e persoal das persoas con IRC e as súas familias
  2. Desenrolo e apoio a todo tipo de actuacións encamiñadas a facilitar información e propiciar dentro da sociedade a adquisición de actitudes positivas cara á doazón de órganos e texidos

Todo ou noso traballo só é posible grazas á colaboración dos nosos socios e socias, voluntarios e voluntarias, traballadoras da entidade, o persoal sanitario e á colaboración das distintas administracións públicas. Este sitio web, trata de ser reflexo dinámico de todo o exposto.